Bovinium aborda o diagnóstico da SRB na súa última actualización

Bovinium aborda o diagnóstico da SRB na súa última actualización

Novos contidos en Bovinium, a plataforma técnica enfocada na Síndrome Respiratoria Bovina (SRB), que actualiza a sección Protagonistas. Susana Astiz, científica titular do INIA (Madrid), é a protagonista desta nova entrega na que se revisa a dificultade á hora de diagnosticar a SRB. Unha complexidade que se debe, entre outros motivos, á etioloxía diversa que causa esta síndrome e que dificulta tanto a prevención como o tratamento.

Ademais, Bovinium incorpora o artigo Undifferentiated Bovine Respiratory Disease (Shipping Fever): Is It Communicable?, unha nova documentación científico-técnica que xa está dispoñible na sección SRB Essentials.