Boehringer organiza un faladoiro dixital sobre mastite e perda de fertilidade

No marco do compromiso coa formación e adaptándose á nova normalidade á que aos poucos nos achegamos, Boehringer Ingelheim organiza unha nova entrega dos seus faladoiros dixitais. Será o 15 de xullo, ás 18:00 horas, con Oriol Franquesa e Susana Astiz como protagonistas.

Baixo o título "Cara a cara fronte ás Mastites e a Perda de Fertilidade", os expertos debaterán sobre esta enfermidade que posúe consecuencias relevantes para os gandeiros en todo o mundo, xa que pon en perigo o benestar das vacas, xera perdas económicas e de produción, así como retirada de leite.

Con Manuel Cerviño, do servizo técnico de Ruminantes de Boehringer Ingelheim como moderador deste encontro dixital, Oriol Franquesa e Susana Astiz falarán sobre os efectos da mastite sobre a fertilidade das vacas, sobre as evidencias publicadas e tamén sobre o que se observa no día a día na granxa.

A inscrición para profesionais é gratuíta e está dispoñible picando aquí.