O comité organizador da III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería Abanca Cimag-GandAgro decidiu nunha reunión mantida esta mañá que a vindeira edición deste evento terá lugar do 21 ao 23 de febreiro de 2019 no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda..
Na xuntanza tamén se comezou a traballar no programa de actividades, abordáronse aspectos como a comercialización e a promoción da feira e déronse a coñecer melloras coas que contará o certame con respecto á última convocatoria, tanto referentes á aplicación de determinados descontos sobre as tarifas como ás realizadas nos propios pavillóns, entre elas en iluminación, climatización, cubertas ou a recente creación de salas que permiten integrar as xornadas técnicas do evento.