A Memoria Africor Lugo 2017, xa na rúa

A Asociación para o Control Leiteiro Africor Lugo presenta a súa Memoria de actividades, na que sintetiza o labor realizado pola asociación en 2017. Ao longo das súas 150 páxinas e 21 capítulos, o libro recompila, entre otra moita información, os servizos que lles ofrecen aos seus asociados, as actividades levadas a cabo (formación, o mercado de animais e promoción e difusión do sector), os datos do control leiteiro e os méritos das principais ganderías no seu labor como criadores e produtores de leite da provincia.