O sábado 7 de xullo o salón de actos do Mercado Nacional de Gandos de Torrelavega acolleu a Xornada Prima, organizada por Nanta en colaboración con Zoetis e centrada na recría de xovencas.
Abriu a xornada Manuel Rondón, xefe de produto de vacún de leite para Nanta, quen falou do Método Prima para a recría de xovencas, o cal se apoia en catro alicerces fundamentais (calostro, lactación, destete e coidados) e está orientado a lograr o máximo desenvolvemento das xatas durante os dous primeiros meses de vida. Un dos principais aspectos nos que se incidiu foi na gran importancia que ten o benestar animal na recría de xatas, especialmente nos animais recentemente nados e nos xoves, tendo unha relación directa coa eficiencia produtiva.
Pola súa banda, Manuela Jiménez, xerente de Mercadotecnia de Rumiantes de Zoetis, explicou, por que é fundamental ter un plan e programa sanitario para as xovencas. Ademais, salientou o feito de que as xatas son o futuro xenético da explotación, polo que do seu coidado e manexo dependerá o conseguir unha maior capacidade produtiva no futuro.
Xa para terminar, o representante de Nanta, José María Álvarez, do servizo técnico de vacún de leite, centrou a súa intervención nos resultados tras a aplicación en casos reais do Método Prima.