O pasado sábado 4 de agosto a Asociación Frisona de Cantabria (AFCA) celebrou na localidade de La Canal de Villafufre a 24.ª edición do concurso de raza frisona Valle de Carriedo 2018, baixo o xulgamento do galego Bonet Cid Salgado, no cal participaron 21 ganderías e 116 animais. A vaca de 5 anos Tezanillos Stanleycup Mirona, de SAT Tezanillos, foi elixida vaca gran campiona do certame, tras recibir os títulos de vaca adulta campiona e mellor ubre do certame. A gandería acadou tamén o premio ao mellor rabaño.
Pola súa parte, o título de gran campiona de xovencas recaeu na xata campiona, Reto Anastasia Kingboy, proiedade da Sdad. Coop. Reto a la Esperanza.