Esta fin de semana, o recinto feiral Luís Adaro de Xixón (Asturias) acollerá unha nova edición da Feira Monográfica do Campo e as Industrias Agrícolas, Gandeiras, Forestais e Pesqueiras de Asturias AGROPEC.
Así mesmo, o sábado dará comezo o 40.º Concurso Nacional da Raza Frisona organizado por Conafe. Este ano, participan un total de 187 animais chegados de 40 ganderías do país, os cales serán avaliados polo xuíz internacional Cord Hordmann, da Asociación Frisona de Alemaña.
Un ano máis, poderedes seguir en directo o concurso nacional frisón, así como o da raza parda, desde vacapinta.com e desde a nosa páxina de Facebook.
O PROGRAMA
O certame dará comezo ás 11.00 horas do sábado coas seccións de xatas e xovencas. Esa mesma tarde, a partir das 17.00 horas, celebrarase o 19.º Campionato Nacional de Manexadores.
O domingo ás 10.00 horas comezará o xulgamento das seccións de vacas, tras o cal terá lugar a elección da vaca gran campiona do certame.
Pola súa banda, o nacional da raza parda celebrarase o sábado ás 15.00 horas.