O nome de Ganadería O Rubio resuenou con forza no sector o pasado 11 de abril, cando O Rubio King Doc Barni foi proclamada gran campiona do Concurso Autónomo da Raza Frisona Fefriga, celebrado no marco do Moexmu, en Muimenta. Poucos días despois, viaxamos a Santa Comba para coñecer de preto o traballo que hai detrás deste recoñecemento.