Volver á casa para coller as rendas da gandaría familiar. É a decisión que tomou Álvaro Costoya hai aproximadamente tres anos, tras traballar como técnico de Africor Coruña e, a día de hoxe, a súa gandaría combina instalacións renovadas, muxido robotizado, base territorial suficiente e unha forte aposta pola xenética, ao tempo que desenvolve unha segunda parte do negocio cunha nave destinada ao porcino de cebo..