EN VÍDEO

Varela Labrada: con DeLaval e ao grande

Vaca Pinta 13 contén unha reportaxe desta explotación lucense que conta cun total de 4 robots de muxido V300 de DeLaval cos que están a obter unhas medias de produción que xa superan os 42 litros/vaca/día.

Corenta días separan a instalación do primeiro e o último robot en Varela Labrada. Visitamos esta explotación unha semana despois da posta en marcha da cuarta unidade para coñecer de primeira man como están levando o proceso de adaptación e as razóns dun cambio de tal envergadura.

Reportaxe en Vaca Pinta

Reportaxe en vídeo