Alimentación e benestar animal unidos na produción de leite

Hoxe en día, ademais de leite de calidade e a bo prezo, o consumidor está a demandar unha serie de condicións para a súa produción, entre as que está o respecto aos animais, ao medio ambiente e á seguridade alimentaria.

Para mellorar a calidade do benestar animal, a industria láctea está a certificar as súas granxas seguindo diversos protocolos establecidos a nivel nacional e internacional, onde priman sempre uns criterios fixos por riba doutros baseados no Protocolo de Welfare Quality®.

Cada gandería é diferente e require o seu propio concepto nutricional. O animal e a súa contorna son importantes e, por iso, desde De Heus cren que, dentro destes factores, a alimentación é un factor clave, posto que un animal san equivale a un produto de calidade. E é que o coidado das vacas ten un impacto directo na calidade do produto e considérase un dos alicerces fundamentais dentro de toda a produción.

Manter os animais sans e optimizar o seu rendemento día tras día son as metas dos clientes de De Heus e, por tanto, tamén as súas, sendo a nutrición animal a clave para obter eses obxectivos. Neste sentido, esta empresa pon no mercado pensos compostos de alta calidade cuns resultados predicibles, adecuados á raza, ao estado fisiolóxico e á fase de crecemento, que contribúen ao éxito do gando dos seus clientes.

Comunicado difundido por De Heus