Mesa redonda sobre gestión de datos

Nesta mesa redonda trátanse aspectos coma os cambios que supuxo o uso das novas tecnoloxías de intelixencia artificial (IA) no traballo diario, a utilidade que están dando dende o control leiteiro a estas informacións e as principais barreiras á hora de sacarlles todo o rendemento posible.

Interveñen os relatores Carlos Carbonell e Fernando Mazeris; o xerente de Africor Lugo, Fernando Rodríguez; o asesor en Nutrición e vogal de Nutrición de Anembe, Ángel Ávila, e o veterinario de Gando, Guillermo Lorenzo.