Despois de máis de catro décadas dedicadas á gandaría, Javier Vázquez atopou a continuidade do seu proxecto en José Manuel García, un dos seus traballadores e unha persoa que levaba anos implicada na xestión diaria da granxa. Desde xaneiro de 2026, é el quen está á fronte dunha gandería que conserva boa parte da filosofía coa que medrou: xenética, boas forraxes, eficiencia e atención aos animais.