QUIM BAUCELLS - CVTONA CONSULTORS (TONA, BARCELONA)

“Unha parte da profesión está especializada e preparada para colaborar a primeiro nivel na loita fronte a esta viremia”

Por mor desta situación, todo o equipo de CVTona está a realizar teletraballo e permanecemos comunicados permanentemente entre nós e cos nosos clientes por videoconferencia, e-mail ou teléfono.

Así, durante o último mes e medio, estivemos confinados nos nosos domicilios, anuláronse todos os actos presenciais, reducimos ao mínimo as actividades en granxa e pospuxéronse sine díe a maioría dos desprazamentos. Cando é preciso circular, para ir a granxas ou á propia oficina, facémolo sempre con máscara de protección, minimizando o contacto co persoal e seguindo as pautas de distancia, limpeza e hixiene máis estritas. 

Ante esta situación, e aínda que as empresas de riscos laborais cubriron moi ben esta parcela, nalgúns casos fomos requiridos para establecer protocolos de prevención de riscos (quendas de traballo, medidas hixiénicas...).

A bioseguridade, a prevención e a medicina de poboación son tarefas habituais de moitos dos nosos especialistas, que historicamente interviñeron no seguimento de zoonoses emerxentes como a gripe aviaria, as encefalopatías esponxiformes ou a enfermidade do Nilo Occidental. Por iso, sorprende que, aínda que a maioría das comunidades estean tendo en conta a experticia do veterinario para o desconfinamento desta pandemia (Juan José Badiola en Madrid, Quim Segalés en Cataluña, Elías Rodríguez Ferri en Castela e León e Francisco Javier Falo en Aragón), por parte do Goberno central e do Comité Científico Técnico Covid-19 se siga sen contar con participación veterinaria (aínda que o Goberno respondeu á Federación Estatal de Sindicatos Veterinarios que terán en conta esta petición máis adiante). Opino que unha parte da profesión, a que traballa en epidemioloxía e profilaxe de enfermidades das colectividades, está especializada e preparada para colaborar a primeiro nivel na loita fronte a esta viremia.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE