OLIVER MENÉNDEZ (CASA PACHO - OTUR, ASTURIAS)

“Temos que xerar confianza no consumidor para que as súas alimentarias sexan as máis apropiadas para a nosa empresa”

Nas explotacións, creo que a crise sanitaria actual non está a afectar de maneira substancial. No meu caso concreto, o que tivemos que facer foi programar con maior detalle os horarios de visitas de profesionais, sobre todo veterinarios que deben vir para realizar as súas tarefas de reprodución, clínica ou inseminación, e adoptar todas as medidas de protección sanitarias que se deben levar a cabo.

Nós vendémoslle o leite a Central Lechera Asturiana e a recollida está asegurada. Penso que esta situación de pandemia non nos afectará neste sentido: o amparo proporcionado pola empresa, en todos os sentidos, é incuestionable.

Como parte integrante de Capsa Food, creo que esta crise é totalmente diferente a todas as vividas anteriormente, a información é escasa e pouco fiable, e non podemos saber como de duradeira será no tempo. O que si sabemos é que lles afectará a todos os sectores en maior ou menor medida, sen ningunha dúbida, e hai que reaccionar moi rápido aos movementos do mercado no curto prazo para dar solidez a medio e longo prazo.

Esta capacidade de reacción, unida á axilidade na adaptación á demanda, será tremendamente importante para que o sector lácteo, que se verá afectado como todos, saia desta complicadísima situación sanitaria e económica da maneira máis sólida e equilibrada posible. Temos que xerar confianza no consumidor para que as súas eleccións alimentarias sexan as máis apropiadas para a nosa empresa. Na miña opinión, creo que se lle dará máis valor á alimentación sa, saudable e sustentable, pola cal Capsa leva apostando firmemente desde hai xa moito tempo nas súas decisións estratéxicas.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE