IVÓN ENTRECANALES (LECHE CUDAÑA - VALDÁLIGA, CANTABRIA)

“Temos pechada a hostalería, que supón un 70 % dos nosos clientes”

Na granxa o funcionamento é similar a antes desta etapa, non hai problema de desabastecemento e Nestlé lévanos o leite con normalidade. O ano pasado transformamos o 60 % da produción e a industria levou o 40 % restante, pero neste momento a industria leva o 80 %. A empresa propúxonos unha adenda ao contrato para subir un pouco a cota e o que nos pasemos vai a prezo do leite spot.

O persoal que traballa coas vacas ten a precaución de utilizar xeles alcohólicos ao entrar e ao saír e cámbiase de roupa. Na gandería todo é máis sinxelo porque hai pouco tráfico de persoas e practicamente non hai visitas de comerciais. No equipo de repartición si que hai máis risco e implantamos outros protocolos de seguridade, máscaras, luvas etc.

Tivemos pechada a hostalería, que supón un 70 % dos nosos clientes, e por iso fixemos un ERTE coa metade do cadro de persoal. A Semana Santa, que é a primeira inxección económica forte do ano, perdémola, do mesmo xeito que a ponte do 1 de maio, e temos almacenada unha cantidade importante de queixos, que é diñeiro parado. A pesar de todo, estes últimos días estamos a recibir pedidos para repartición a domicilio e venda nacional, o que nos está sorprendendo gratamente. Esperemos que se consolide e sexa outra forma de diversificar os nosos ingresos. Tamén estamos a preparar un ambiente seguro para as visitas do verán, control de acceso e desinfección, aforamento limitado, ao aire libre e amplitude de horarios, para que a xente poida ter unha actividade este verán, desde que se produza a desescalada.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE