CARLOS NEVES (SECRETARIO XENERAL DA APROLEP)

" Portugal xa tivo en febreiro o prezo medio ao produtor máis baixo de Europa”

" Portugal xa tivo en febreiro o prezo medio ao produtor máis baixo de Europa”

Os gandeiros portugueses tamén tivemos que variar algunhas das nosas rutinas. Por exemplo, suspendeuse o control leiteiro e agora os veterinarios só realizan consultas de urxencia, evitamos o contacto persoal e mantemos a distancia de seguridade e, nos ensilados de herba, evitamos comer xuntos. Só saímos da casa para ir traballar ou mercar algunha cousa que non poidamos pedir que nos envíen á casa.

Moitas cooperativas e empresas de venda de concentrados, fitosanitarios ou medicamentos agora só atenden os pedidos por teléfono e envíannolos á casa. Os comerciais deixaron de facer visitas ás ganderías e, no lugar diso, contactan connosco por teléfono e facémoslles os pagos vía transferencia bancaria. Así mesmo, os mercados de gando están suspendidos.

En canto aos contratos coa industria, estes foron acordados no principio do ano e son anuais en termos de cantidade, pero os compradores alteran o prezo en calquera momento. Sabemos que as maiores empresas de lácteos tiveron aumentos de vendas de leite UHT no inicio da pandemia e que houbo unha redución na venda de queixos de valor engadido. Por mor disto, os compradores xa avisaron a algúns produtores da baixada de prezos, algo moi grave, posto que Portugal xa tivo en febreiro o prezo medio ao produtor máis baixo de Europa.

Creo que as medidas anunciadas pola Comisión Europea son insuficientes e que é preciso coordinar unha redución voluntaria da produción a nivel europeo para evitar excedentes no centro de Europa que virán alagar os mercados de Portugal e España.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE