LG entrega o premio do seu I Concurso Nacional de Dixestibilidade

Con motivo do 25 aniversario de LG Nutrición Animal, Semillas LG convocou, en colaboración con Vaca Pinta, o Concurso Nacional de Dixestibilidade. "Con esta iniciativa, queremos visibilizar o valor da dixestibilidade, porque é esencial para lograr ganderías rendibles. É o que máis repercute para conseguir moito leite por hectárea", explica Gustavo García, xefe Rexional de Cornixa e Portugal de Limagrain Ibérica.

Agricultores de todo o país que sementaran variedades de sementes LG na campaña de 2022 participaron mediante a recollida e entrega dunha mostra de silo picado a un dos técnicos LG da zona, os cales se encargaron de enviala ao laboratorio correspondente co fin de analizar a súa calidade. De entre todas as mostras presentadas, a variedade LG 34.90 foi a que resultou vencedora na análise. 

Pablo Amado, delegado comercial de Limagrain Ibérica, fixo entrega do premio ao gañador do certame, José Sánchez Varela, quen se fixo con 1.000 € en semente de millo de variedades LG e, así mesmo, elixiu á asociación Íntegro para que a compañía lles doase leite para alimentar a unha familia durante un ano. Ademais, LG realizou o sorteo de 500 € de semente de millo desta casa entre todos os participantes, no que saíu elixido Maximino Colado.

Íntegro, asociación escollida polo gañador para recibir a doación de leite

​​​​​​