PEDRO MARQUÉS (GANADERÍA BINILLUBET - ES MERCADAL, MENORCA)

“O leite envasado véndese menos sen turismo e vense obrigados a facer callada, o que fai que a marxe sexa moito menor”

No noso caso, á parte das medidas de seguridade que tivemos que adoptar e os consecuentes cambios na forma de traballo –por exemplo, ao único obreiro que temos cambiámoslle os horarios para non coincidir–, deixamos de fabricar queixos [elabóranos da denominación de orixe protexida Mahón-Menorca].

Fixémolo, por unha banda, para cumprir coa distancia de seguridade entre persoas e, por outra, porque, vendo como se poñía todo, perigaba a tempada turística en Menorca e, por tanto, gran parte da venda do noso queixo. Un mes despois [contactamos con Pedro o 24 de abril], podemos dicir que acertamos en non acumular máis queixo, xa que a venda caeu en picado. O leite recóllenolo a industria na súa totalidade, incluíndo o que destinabamos á elaboración de queixos, pero xa falan de baixarlle o prezo, posto que teñen un stock grande de queixo, o leite envasado véndese menos sen turismo e vense obrigados a facer callada para Quesería Menorquina, o que fai que a marxe sexa moito menor.

Ademais, o prezo dos animais para carne, tanto de vacún coma de porco, tamén baixou.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE