ISMAEL HERRUZO (GANADERÍA HERRUZO - POZOBLANCO, CÓRDOBA)

“Isto non será bo para ninguén incluído o sector gandeiro”

“Isto non será bo para ninguén incluído o sector gandeiro”

Como gandeiro non me afectou demasiado, pois desde o primeiro día tivemos autorización para continuar muxindo e coidando do gando. Como comercial si que me afectou máis, sobre todo ao principio, pola falta de información por parte do Goberno, pois non sabiamos se podiamos saír ou non. Finalmente, por prestarlle apoio ao sector gandeiro, dixéronnos que si, pero só a servizos de urxencia. En canto ás medidas de seguridade, seguín as ditadas: máscara de protección, luvas e distancia de seguridade cos clientes de polo menos un metro.

Creo que isto non será bo para ninguén, incluído o sector gandeiro. O sector cárnico afúndese por completo e o lácteo non creo que saia mellor parado, pero de momento algo máis estable si que está. Nesta zona os matadoiros están bloqueados, non venden o que matan, as cámaras frigoríficas están cheas e os prezos estanse derrubando. A costeleta de vaca de Covap pasou de 16 €/kg a 9,50 €/kg; o cordeiro, de 65 a 45 €, e a exportación (hai que ter en conta que España vende case o 60 % da carne que produce) está totalmente paralizada.

Esta situación deixará moi afectada a economía da xente e, sobre todo, a do país. Todos o pasaremos mal.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE