AIRA S. COOP. GALEGA: JOSÉ MANUEL LÓPEZ (PRESIDENTE)

“Estamos nun sector privilexiado que foi capaz de seguir traballando con relativa normalidade, dado o noso carácter esencial e estratéxico para propor

Aira continúa plenamente operativa a pesar do estado de alarma, garantindo a subministración de todos os seus produtos e servizos. Estamos nun sector privilexiado que foi capaz de seguir traballando con relativa normalidade, coas necesarias modificacións derivadas de todas as medidas de seguridade que se puxeron en marcha, dado o noso carácter esencial e estratéxico para proporcionarlle alimentos á poboación. A nosa cooperativa adoptou desde o primeiro momento diferentes actuacións dirixidas a protexer a saúde dos socios e empregados e a preservar da mellor maneira posible a continuidade das súas diferentes actividades. Por exemplo, implantouse o teletraballo en todos os postos que polas súas características o permiten e as reunións do comité de dirección e do consello fanse de maneira telemática.

Con respecto ás medidas de seguridade adoptadas, fíxose unha primeira comunicación aos traballadores o 10 de marzo, antes de que o Goberno decretase o estado de alarma, cunha serie de medidas preventivas de carácter xeral e tamén se elaboraron protocolos para o caso dalgún positivo. Ademais, comunicóuselles aos socios que, no caso dalgún positivo á enfermidade do propio socio ou dalgún familiar directo ou empregado, deberían poñelo en coñecemento da cooperativa a fin de protexer as persoas que interactúan nunha explotación diariamente (recolledor do leite, repartidor de penso, veterinarios, técnicos etc.).

Así mesmo, desde o consello decidimos que a cooperativa debía facer unha doazón ao Banco de Alimentos, dado que con esta situación hai moita xente que o está pasando mal, e, a mediados de abril, fixémoslles entrega de catro palés de comida, queixos, arroz, pasta e aceite.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE