O veterinario Manuel Fernández, finalista nos Premios +50 Emprende

O veterinario Manuel Fernández, finalista nos Premios +50 Emprende

O veterinario Manuel Fernández (Consuvet), colaborador de Vaca Pinta e vogal da Asociación Nacional de Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe), foi nomeado un dos doce finalistas dos Premios +50 Emprende.

Trátase da sétima edición duns galardóns impulsados por Savia, o proxecto da Fundación Endesa. Estes recoñecementos buscan visibilizar e apoiar o talento emprendedor de profesionais maiores de 50 anos en distintas áreas.

Manuel Fernández participa cunha iniciativa que analiza información sobre prescrición veterinaria, en animais de compañía e de granxa, para protexer a súa saúde e a humana.

Fernández acredita a súa funcionalidade porque "cando os tratamentos non se aplican correctamente, as bacterias vólvense resistentes". Por iso, considera "esencial mellorar a prescrición mediante datos e intelixencia artificial: trátase ben o animal e protéxese a saúde humana".