VENTURA BARREALES (VENCOBA SC - VILLANUEVA DE LAS MANZANAS, LEÓN)

“Creo que con esta crise o consumidor se está dando conta da importancia do labor dos gandeiros e os agricultores”

“Creo que con esta crise o consumidor se está dando conta da importancia do labor dos gandeiros e os agricultores”

No día a día da granxa a crise non nos afectou moito, porque cada un dos catro empregados ten o seu posto de traballo específico e o seu espazo, así que nese sentido apenas sufrimos cambios nas nosas rutinas habituais. O mesmo ocorre no ámbito agrícola e na prestación de servizos a terceiros, xa que cada operario (outros catro) ten a súa máquina e a súa ferramenta e os riscos minimízanse. En calquera caso, adoptamos as medidas de protección que recomendaron as autoridades e agora van equipados con luvas, máscaras e desinfectantes para que non haxa ningún tipo de contaxio.

Tamén se restrinxiron as visitas á gandería nun 90 %, quedando unicamente as imprescindibles dos veterinarios e pouco máis. Na sala, que é o sitio onde máis poden coincidir os operarios [teñen unha rotativa de 40 puntos], mantense a distancia de seguridade e tamén se usan medidas de protección.

En canto ao contrato coa industria que nos recolle o leite, de momento non sufriu cambios. O consumo de leite nos supermercados subiu, así que estamos relativamente ben e tranquilos, pero isto acaba de empezar e a situación vai para longo, así que haberá que esperar a ver o que nos depara o futuro. De todos os xeitos, creo que con esta crise o consumidor está a darse conta da importancia do labor dos gandeiros e os agricultores e tamén penso que, en certa medida, somos uns privilexiados por poder seguir traballando con certa normalidade.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE