GUMERSINDO DE LA RIERA - CENTRO VETERINARIO LA ESPINA (SALAS, ASTURIAS)

“Creo absolutamente necesario ter conciencia de que as mans son o principal vehículo de contaxio”

A crise por esta pandemia provocou que o noso traballo de oficina e administración pasase a ser telemático, salvo a recepción, o rexistro e a colocación de mercadoría, que os realizamos de maneira presencial dúas horas ao día.

O traballo de campo viuse afectado pola baixa temporal dun compañeiro, como medida de seguridade, xa que convive cun bebé de nacemento prematuro, e tamén pola baixa doutro compañeiro infectado previamente ao período de alerta.

Con respecto aos clientes e ao traballo de campo non tivemos maiores inconvenientes e tomamos as medidas de protección e distancia recomendadas. Utilizamos careta, máscara e luvas, ademais de xeles hidroalcólicos.

No noso quefacer diario sempre potenciamos os aspectos de información e nestes momentos si que nos preguntan opinión e recomendacións, máis sabendo que o sufrimos moi directamente e que as medidas foron adecuadas, xa que non se contaxiou ningún outro compañeiro nin cliente. Creo absolutamente necesario ter conciencia de que as mans son o principal vehículo de contaxio e que debemos gardar a distancia.

Finalmente, en relación á falta de veterinarios no comité asesor do Goberno, creo que os equipos multidisciplinares requiren da presenza de todos os expertos e máis se están afeitos a deseñar medidas de bioseguridade e a pelexar con enfermidades altamente contaxiosas, ademais de ter profundos coñecementos en posibles zoonoses.


LER CON LUPA COMPLETO: O LÁCTEO, UN SECTOR PARA TEMPOS DE CRISE