Zoetis e Pascual ofreceron durante 2022 unha serie de formacións para veterinarios sobre secado selectivo

Por mor dos cambios necesarios para adaptar o manexo do secado á nova lexislación orientada a diminuír o uso de antibióticos en granxa, durante 2022 Zoetis organizou, en colaboración con Pascual, tres talleres sobre secado selectivo, os cales se desenvolveron nunha gandería de vacún de leite de Fuentespina (Burcos) e aos que acudiron unha trintena de veterinarios de vacún especializados en calidade do leite. Eugenia Peralta, veterinaria do Departamento Técnico da Unidade de Rumiantes de Zoetis, e María Jesús Fernández Álvarez, veterinaria de Pascual, foron as encargadas de impartir toda a formación.

O programa contemplaba unha parte teórica e outra práctica, tanto nas instalacións da granxa de produción leiteira como no laboratorio de análise, onde os asistentes comprobaron o funcionamento e a gran axuda que supón o laboratorio na xestión de calidade de leite e na toma de decisións na granxa.