Zoetis presenta os resultados do proxecto Secado Selectivo no XXIV Congreso Anembe

Zoetis aproveitou a súa presenza no XXIV Congreso Internacional ANEMBE de Medicina Bovina, celebrado en Sevilla do 22 ao 24 de maio, para presentar os resultados preliminares do seu proxecto de secado selectivo, ferramenta para o uso racional de antibióticos no sector lácteo.

O secado selectivo consiste en aplicar o antibiótico só cando sexa estritamente necesario segundo os rexistros de recontos de células somáticas (RSC) e os resultados do Test de California (CMT) realizado ao secado, o que implica traballar con datos para realizar tratamentos baseados en evidencias.

Este proxecto englobou a preto de 1.500 animais procedentes de explotacións de vacún de leite de diferentes tamaños e localizacións de España (Galicia, Navarra, Cataluña, Burgos e Córdoba) e foi levado a cabo por un grupo de traballo formado por cinco veterinarios de campo especialistas en calidade de leite, xunto coa colaboración do Equipo Técnico de Rumiantes de Zoetis e Luís León, especialista en calidade de leite de Zoetis Alemaña.

Ver nota de prensa