Zoetis presenta o manual ‘Secado selectivo en ganado vacuno lechero’

Tras anunciar os resultados preliminares do seu proxecto de secado selectivo, nos que se reflectía que non había cambios significativos nos indicadores de saúde de ubre a pesar de non incluír o antibiótico no tratamento de secado do animal, Zoetis pon a disposición do profesional de vacún leiteiro un manual de secado selectivo.

Esta obra, que reflicte a aposta da compañía polo uso responsable de antibióticos en saúde animal, pretende ofrecerlle ao profesional de vacún de leite unha alternativa diferente ao habitual sistema de produción, sen verse alterados os seus resultados produtivos e a súa rendibilidade. En concreto, céntrase na saúde do ubre e en evitar o tratamento en saba con antibiótico de todos os animais ao chegar ao secado, unha práctica que ata hai pouco era moi común nos países cunha industria leiteira desenvolvida. Ante o novo escenario ao que nos enfrontamos en materia de resistencias antimicrobianas, e co obxectivo de preservar a eficacia dos antibióticos, Zoetis promove o secado selectivo, que consiste en aplicar o antibiótico só cando sexa estritamente necesario segundo os rexistros de recontos de células somáticas, os resultados do test de California realizado ao secado e a presentación de mamite ao longo da lactación.

En palabras do autor da obra, Demetrio Herrera Mateo, veterinario de saúde de ubre e calidade de leite en Q-Llet SLP, “o uso racional de antibióticos e a prevención das resistencias aos antimicrobianos é cousa de todos”. “É certo que o secado selectivo é un reto –recoñece–, pero tamén é á vez unha oportunidade de traballo e de facer mellor as cousas”.

É posible solicitar o manual de secado selectivo en: www.zoetis.es/secadoselectivo

Nota de prensa emitida pola compañía