Volve o curso monográfico de Bioestatística en Animais de Produción de Boehringer Ingelheim

Boehringer Ingelheim, xunto coa Facultade de Veterinaria da Universidade de Zaragoza, organiza unha nova edición do curso monográfico de Bioestatística de Animais de Produción (Biostad). Nesta ocasión, constará de tres módulos dirixidos aos veterinarios de animais de produción, en concreto, de ruminantes e porcino.

O primeiro módulo xa se desenvolveu en dúas xornadas o 26 e 27 de maio na Facultade de Veterinaria de Zaragoza durante as que houbo tres sesións. A primeira abordou a xestión de datos desde o punto de vista da preparación de bases de datos e do tipo de variables; a segunda afondou na análise descritiva básica de datos cualitativos e cuantitativos, ademais de facer unha introdución á interferencia estatística; e a terceira centrouse na análise inferencial de datos cualitativos e cuantitativos, así como nos resultados de comparacións e asociacións.

O segundo módulo impartirase en xullo e, con respecto ao terceiro, aínda está pendente que se estableza a data na que se desenvolverá.