NOVOS ÍNDICES ICO - XUÑO 2020

Valores da xenética XY Creation na base poboacional española

O uso da xenética xerada en países diferentes fai necesario coñecer a posición dos touros de cada programa de selección na base poboacional de vacas e xovencas do país en uso. Así, as similitudes entre sistemas produtivos, mercados, etc. entre países próximos permiten que o resultado dos programas de selección leve un excelente progreso xenético aínda que non se desenvolvan no mesmo país do seu uso.

No programa XY Creation participan 1.300 gandeiros franceses con obxectivos e necesidades moi similares ao das nosas ganderías en España, ademais de ser un mercado cun sistema de pago de leite moi parecido. Por iso, moitos dos touros do Grupo Evolution amosan valores por encima do valor percentil 99 das nosas vacas e xovencas para caracteres de produción, funcionais e de morfoloxía, o que significa que o seu axuste na maioría de ganderías españolas melloraría xeneticamente de forma sobresaliente o carácter ou caracteres desexados.

Nesta ligazón, segundo os novos datos de ICO publicados recentemente, amósase a selección de touros que Evolution Iberica XY pon a disposición dos gandeiros españois para contribuír ao seu progreso xenético e optimizar a súa rendibilidade.

Más información llamando al 609 04 75 83 (Sebastián Martín) o enviando un correo electrónico a sebastian@evolutioniberica.es