Royal De Heus anunciou hoxe o acordo alcanzado para a adquisición de Pensos Unzué, unha empresa líder no mercado dos pensos para ruminantes en Navarra, País Vasco e sur de Francia. Mediante esta compra De Heus reforza o seu liderado no sector dos pensos compostos a nivel internacional, fortalece a súa canle de distribución e expande o seu coñecemento, servizos e produtos á zona norte de España.
As dúas fábricas que Pensos Unzué posúe en Navarra, e que contan cunha capacidade produtiva superior ás 200.000 toneladas ao ano, uniranse aos outros nove centros de produción que De Heus xa ten en España e permitirán unha mellor cobertura do mercado de pensos compostos da Península Ibérica.