New Holland fai balance de 2019

Este ano 2019 os resultados globais da marca foron exitosos, cunha cota de mercado de tractores dun 18 % sobre un mercado total de 11.345 unidades. A diferenza respecto dos datos publicados polo Ministerio está nos vehículos multiusos, quads e similares que non se poden considerar como tractores.

Na gama de tractores especiais New Holland sitúase de forma moi clara como a marca líder cun 22 % de cota de mercado, consolidando a súa posición como marca que lidera a evolución da agricultura española cara aos cultivos de alto valor, como froita, oliveiral e outros froitos secos.

No mercado das empacadoras xigantes, a cota de mercado sitúa a New Holland nun 36 %, tres puntos porcentuais máis respecto ao pasado ano 2018, ampliando a distancia respecto ao segundo competidor.

Merece unha mención especial o resultado da recolectora de oliveiral e vendimiadora. A recolectora de oliveiral, cunha cota de mercado practicamente do 100 %, está a liderar sen discusión o sector do oliveiral que segue en forte expansión a nivel mundial. Paralelamente mantense en viña cun 56 % de cota de mercado en 2019. Estes resultados fan que o negocio de recolección global en España estea encabezado por New Holland cun 40 % total do peso do mercado.