Nanta presenta os seus últimos pensos de arranque e novos servizos para a recepción de xatos mamóns

En procura da eficiencia e co ánimo de fortalecer o negocio dos seus clientes, Nanta complementou a súa gama de arranques Opticar para xatos lactantes con dous novos pensos, Opticar Pre-Starter Extra e Opticar Starter Plus, adaptando así o seu programa de alimentación para estes animais en función do seu peso (menor ou maior a 45 quilogramos), e ofrecendo unha maior flexibilidade ao produtor en función das súas necesidades. En consecuencia, facilita ao produtor adaptarse ás condicións e requisitos de mercado tendo en conta ademais as diferentes xenéticas do gando frisón e do gando de cor.

 

A ampliación da gama Opticar permite seleccionar o penso en función da idade e peso de entrada e a condición xenética dos animais, que determinarán a duración do programa, e do peso final do xato que se busca obter. Desta forma, os novos Opticar Pre-starter Extra e Opticar Starter Plus están indicados para xatos mamóns de máis de 45 quilogramos de peso; mentres que os tradicionais Opticar Pre-Starter e Opticar Starter empregaranse naqueles animais cuxo peso sexa inferior aos 45 quilogramos.

Adicionalmente, a compañía tamén acaba de presentar o seu libro branco ?A deshidratación na recepción de tervos?. Consciente de que a deshidratación é unha das causas máis comúns de baixas na fase de recepción de mamóns, Nanta editou este manual co que pretende axudar aos gandeiros a resolver a deshidratación en xatos diarreicos, principalmente.