Nanta fai balance do seu proxecto Nutrición Sostenible na Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos

Novembro é o mes do uso responsable dos antibióticos, unha necesidade imperante a nivel mundial co obxectivo de reducir as resistencias antimicrobianas e preservar a eficacia destes medicamentos. Así, do 18 ao 24 deste mes ten lugar a Semana Mundial de Concienciación sobre o Uso dos Antibióticos, e o 18 celébrase o Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos. Nanta, coñecedora desta problemática, aliñada coa estratexia One Health e comprometida co sector da gandería na procura da súa eficiencia produtiva e benestar animal, puxo en marcha hai cinco anos o seu proxecto Nutrición Sostenible co obxectivo de apostar por unha produción máis sustentable e comprometida co uso racional dos antibióticos.

Nutrición Sostenible propón ao gandeiro unha alternativa á produción tradicional na que, a través da nutrición, se optimiza a sanidade e se racionaliza o uso dos antibióticos. Ao longo destes cinco anos, Nanta apostou pola educación, formación e información dos produtores e gandeiros en temas relacionados coa nutrición, prevención, bioseguridade, etc. Desta forma, a compañía desenvolveu materiais como infografías e guías de boas prácticas, lanzou servizos innovadores (como o recente servizo de diagnóstico na recepción de tenreiros) e solucións nutricionais sustentables.

Todos os contidos poden consultarse en nutricionsostenible.com