Nanta celebra 25 anos da obtención da súa primeira certificación de calidade por AENOR

En 1995 Nanta foi o primeiro fabricante español de pensos compostos para gandería en conseguir a certificación de calidade ISO 9001 por parte de AENOR. Fundamentado na norma internacional ISO 9001, un dos esquemas de calidade máis recoñecidos internacionalmente, este certificado acreditaba que Nanta implantara un sistema de xestión que aposta pola eficacia, a calidade e a mellora continua como camiño para alcanzar a excelencia no servizo ao cliente.

Nanta é hoxe a primeira compañía de nutrición animal na península ibérica polo seu potencial de produción, de comercialización, de servizo e a súa capacidade para poñer no mercado importantes innovacións para o sector, converténdoas en produtos e métodos prácticos e útiles para os clientes. Non é de estrañar, posto que desde a súa fundación en 1968 Nanta outorgou sempre a máxima prioridade á calidade, a innovación e a seguridade alimentaria.

Durante estes máis de 25 anos, Nanta continuou traballando no seu compromiso polo coidado de todos os procesos para un sistema de calidade excelente, e é que tamén é pioneira na obtención, en 2008, do Certificado AENOR ISO 22000 de Xestión da Seguridade Alimentaria, o que evidencia ante toda a cadea alimentaria que, entre outras actividades, a compañía planifica, implementa, opera, mantén e actualiza un sistema de xestión da inocuidade dos alimentos destinado a proporcionar produtos que sexan seguros para os animais e, polo tanto, para o consumidor final.

En 2009, a compañía tamén obtén o Certificado ISO 14001 de Medio Ambiente, co que a compañía demostra o seu compromiso co planeta, controlando e adaptando á lexislación vixente calquera impacto da súa actividade sobre o medio ambiente.

O futuro de Nanta está marcado pola sustentabilidade, pondo a disposición dos gandeiros ―baixo o paraugas do seu proxecto “Nutrición Sostenible”― toda a experiencia, coñecemento e innovación da compañía, a fin de dotarlles de ferramentas e recursos para producir no marco dunha sustentabilidade integral: económica, social e ambiental.