Chega a segunda edición de Ganadería en Femenino, o proxecto de Zoetis para visibilizar o papel da muller na gandería

Zoetis renova o seu compromiso coas mulleres dedicadas á gandería coa presentación da súa campaña Ganadería en Femenino 2021, a segunda edición dun proxecto que nacía en 2020 para apoiar o labor de gandeiras, veterinarias, enxeñeiras, investigadoras, empresarias do sector..., de todas elas que tanto achegan á gandería, á vida rural e, polo tanto, á sociedade no noso país.

Formación, recoñecemento e visibilidade

Ganadería en Femenino susténtase en tres áreas que se consideraron fundamentais para apoiar o labor destas mulleres. A primeira é a comunicación, cunha campaña baseada en contidos, materiais e creatividades (logo, vídeos, publicacións en medios...) que contribúan a esa maior visibilidade da que tanto falamos ante o propio sector e ante a sociedade.

A segunda, non menos importante, a formación naquelas áreas que máis se demanden e para as diferentes especies, tanto en temas técnicos como noutros máis relacionados coa xestión e a empresa. Nesta edición arrinca o programa formativo con tres seminarios on-line, un centrado en porcino sobre detección precoz de enfermidades, da man de Ester Maiques, técnico de Porcino de Zoetis España; outro sobre terapias en secado selectivo en vacún de leite, da man de Eugenia Peralta, técnico de Vacún de Zoetis España; e un terceiro sobre e-commerce aplicado á venda de produtos agrogandeiros.  

A terceira área, fundamental, o recoñecemento ao labor destas mulleres no ámbito da innovación, co lanzamento da segunda convocatoria do Premio Zoetis Ganadería en Femenino, co que se pretende recoñecer a traxectoria e/ou a actividade dalgunhas das mulleres cuxos proxectos concretos no ámbito da gandería resulten innovadores e achegar valor á comunidade na que se desenvolven.

Unhas cifras que hai que mellorar

En España os últimos datos censais sobre a actividade da muller no sector agrario publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que se remontan a 2016, indican que no noso país existían nese ano 880.636 titulares de explotación agraria, dos que tan só 285.467 son mulleres –un 32,4 %–. Esta porcentaxe descende ata o 25,7 % de mulleres cando falamos de Titulares xefes de explotación, mentres que case a metade da man de obra agraria son mulleres (en torno ao 40 %).

Son só algunhas cifras que reflicten que aínda queda camiño por percorrer, un camiño no que a visibilización e o recoñecemento social destas mulleres e da súa contribución á actividade económica e a dar vida, en definitiva, á que se deu en chamar a España baleirada, xoga un papel fundamental.

Apoio do sector

Ganadería en Femenino é un proxecto vivo ao que Zoetis quere dar percorrido e alimentar coas achegas de todas as mulleres polas que naceu; é por iso polo que, desde os seus inicios, conta co apoio de diferentes asociacións que as representan, como a Asociación de Mujeres de Cooperativas Agro-alimentarias de España (AMCAE), Mulleres de Seu –programa para o empoderamiento da muller da cooperativa CLUN– e Ganaderas Asturianas.