"As vacinas de mastitis permítennos traballar con tranquilidade, mellorar a produtividade e gañar máis diñeiro"

Tras máis de vinte anos como veterinario de campo, Antonio Souto comezou a traballar en HIPRA en 2011 para a Unidade de Rumiantes no norte de España. Catro anos máis tarde, múdase a México para desenvolver servizos técnicos neste país, Colombia e Costa Rica e en 2017 faise cargo da coordinación destes servizos e de mercadotecnia en toda Latinoamérica. A calidade de leite e a vacinación contra a mastitis foron parte importante de todo o seu traballo e agora toma as rendas do novo Servizo Técnico de Mastitis de HIPRA en España.

En Vaca Pinta 23 falamos con el de toda a súa experiencia e dos retos aos que se enfronta o sector.