AGROSEGURO

A produción agraria asegurada aumenta un 19,2 % en 2020

Segundo as cifras rexistradas por Agroseguro durante os oito primeiros meses do ano, a produción agraria asegurada medrou un 19,2 % respecto a 2019 e supera os 29 millóns de toneladas. Pola súa banda, o capital asegurado aumenta un 11,4 % e alcanza os 10.550 millóns de euros, o que mantén a tendencia ascendente deste concepto, no que se alcanzaron cifras récord durante as últimas dúas campañas. A superficie agraria protexida pasa os 4,5 millóns de hectáreas, un 48 % máis que o ano anterior.

Estas cifras reflicten, en palabras do presidente de Agroseguro, Ignacio Machetti, a confianza do sector no sistema español de seguros agrarios.

Os cultivos herbáceos, cun aumento do 42 % en produción asegurada e o 64 % de superficie, impulsan boa parte desta evolución. A finais de agosto, o capital asegurado superaba xa os 2.200 millóns de euros, un 38 % máis que o pasado ano.

Agora, desde o 1 de setembro, é o momento de contratar os módulos de outono de seguros tan importantes como os de cultivos herbáceos ou uva de viño, entre outros. Estes, xunto ao resto de liñas agrícolas e gandeiras, confirmarán o crecemento do seguro agrario en España.

Seguros pecuarios: máis de 200 millóns de animais protexidos

Respecto dos seguros pecuarios, o capital asegurado de gando (fronte a accidentes e enfermidades) crece un 2 % e supera os 1.500 millóns de euros, con case 200 millóns de exemplares. Os gandeiros españois tamén se acollen ao seguro de retirada e destrución de animais en maior medida que en 2019, xa que o capital asegurado nesta liña aumenta outro 2 %.

Máis información na nota de prensa emitida por Agroseguro