A prevención e anticipación en saúde animal é clave para evitar a transmisión das enfermidades ás persoas

O Manifesto: desafíos do século XXI en prevención, benestar e saúde animal de Boehringer Ingelheim Animal Health España aborda diferentes cuestións que desembocan nunha conclusión: os sistemas de vixilancia para a detección precoz de enfermidades e protocolos de tratamento constitúen un dos principais retos aos que nos enfrontamos. O Manifesto aposta polo concepto One Health como unha realidade que xa é prioritaria, en prol da mellora da saúde pública, necesítase a colaboración de distintos sectores para poder elaborar e implementar programas, políticas e leis.

"Sábese que o 70 % das enfermidades infecciosas emerxentes, que afectan ás persoas, proceden de animais, salvaxes ou domésticos, ou son transmitidas a través de vectores, xeralmente insectos", indica Joaquim Segalés, catedrático da Universidade Autónoma de Barcelona, investigador do CReSA-IRTA e coordinador do Centro Colaborador da Organización Mundial da Sanidade Animal (OIE).

Máis información