Gando, unha plataforma online que permite xestionar os datos da granxa en todo lugar e momento

Gando é unha plataforma online que xestiona os parámetros asociados a unha explotación de vacún de leite dunha maneira sinxela e cómoda. Administra as principais áreas da produción leiteira, desde aspectos básicos da granxa, como censos e producións, ata asuntos relativos ao traballo dos veterinarios, como o control da reprodución, a xestión da saúde e a calidade do leite.