Gando, un novo paso na visualización de datos en explotacións de vacún leiteiro

A información é vital para a toma de decisións e xestionala correctamente é clave. Actualmente as explotacións de vacún de leite xeran unha gran cantidade de datos diariamente que fan necesarias ferramentas que permitan visualizar e xestionar datos da maneira máis sinxela posible.

Con esta idea nace Gando, un software desenvolvido por unha startup tecnolóxica en Galicia, que presenta unha plataforma de integración de datos online que mostra os principais parámetros asociados a unha explotación de vacún de leite dunha maneira sinxela e cómoda para os usuarios.

Gando foi deseñada por un equipo de veterinarios e asesores en explotacións de vacún de leite. Ao ser unha plataforma presente na nube, os datos da explotación están sempre actualizados e pódese acceder a eles desde calquera dispositivo. Outro aspecto moi desenvolvido na plataforma é a sinxeleza na introdución dos datos e nas listaxes da explotación, sendo moi intuitivos e prácticos para os usuarios. 

Se quere máis información sobre Gando, póñase en contacto con Ceva Saúde Animal (902 36 72 18).