Frank Mitloehner defende o uso de metano como unha oportunidade para a produción de enerxía

O profesor da Universidade de California, director do Clear Center e referente mundial de investigación da calidade do aire, Frank Mitloehner, visitou Covap para coñecer a nova planta fotovoltaica, á que se sumarán a de biogás e biomasa. Mitloehner interesouse por este ambicioso proxecto enerxético, incidindo na súa circularidade e no potencial do metano como fonte enerxética.

Durante a súa visita, tamén coñeceu varias granxas de vacún de leite en El Viso e Pozoblanco (Córdoba) que participan no proxecto Planet Of Plenty de mitigación de pegada ambiental, onde a Cooperativa traballa en colaboración con Alltech. Nas granxas de leite, Mitloehener, da man dos especialistas Xan Rodríguez (Alltech) e Ana Alicia Bolívar (Covap), interesouse polo importante papel da alimentación animal na mitigación da pegada ambiental, así como dos traballos de eficiencia en produción de leite nas granxas de Covap.

Mitloehner mostrou o seu asombro pola tecnoloxía existente no Centro de Alimentación Animal e da eficiencia da Industria Láctea. Así mesmo, tivo un encontro con gandeiros de vacún no auditorio do Recinto Feiral de Pozoblanco, no que animou á implantación do concepto de enerxías alternativas en ganderías, vendo o metano como unha oportunidade, e defendeu unha alimentación animal eficiente como achegue a unha tripla sustentabilidade: económica, social e de redución de pegada ambiental.