Evolution Iberica XY e Serclivet SL fusionan as súas actividades

A integración destas dúas empresas prodúcese tras a entrada de Francisco Javier Miguélez Vara no equipo directivo de Evolution Iberica XY. Dita entrada permitiralle á empresa enriquecer a gama de produtos e servizos que actualmente lles ofrece aos seus clientes tanto no campo da reproducción como da mellora xenética de vacas de leite, vacas nodrizas e ovellas de leite.

Esta nova etapa márcase como obxectivo non só consolidar os campos de comercialización de seme e produtos de monitorización, hixiene e sanidade animal, senón tamén potenciar o asesoramento e a xestión directa en materia reprodutiva para mellorar a rendibilidade e os índices económicos das explotacións gandeiras. Así mesmo, ratifícase o compromiso de colaboración coa Facultade de Veterinaria de León a fin de ampliar os campos de traballo con esta institución académica.

Renovación da directiva

Francisco Javier Miguélez Vara, veterinario e presidente de Serclivet  exerce as súas novas funcións a partir do 1 de febreiro de 2021.

Sebastián Martín Gómez, director-xerente de Evolution Ibérica desde xuño de 2019 deixará o seu cargo o 20 de febreiro de 2021. O Consello de Administración eloxia unanimemente o seu labor e  compromiso á fronte da empresa, sinalando que coa súa actividade se deu un gran paso no seu desenvolvemento e agradecéndolle os servizos prestados.