Entregado o XXIII Premio Syva á mellor Tese Doutoral en Sanidade Animal

“Toxoplasmose e neosporose en rumiantes domésticos: normalización de modelos animais e avaliación de novos fármacos” é o título da tese galardoada na última edición do Premio Syva á Mellor Tese Doutoral, autoría de Roberto Sánchez Sánchez, da Universidade Complutense de Madrid, e presentada baixo a dirección dos doutores Luís Miguel Ortega Moura, Ignacio Ferre Pérez e Michela Tatiana Re.

Laboratorios Syva, en convenio coa Universidade de León, outorga anualmente dende 1997, co obxectivo de incentivar a formación científica dos estudantes universitarios, o Premio Syva á mellor Tese Doutoral en Sanidade Animal. Dotado con 15.000 euros, concédeselle ao mellor traballo realizado sobre calquera aspecto da sanidade animal, e especificamente proxectado sobre a microbioloxía, inmunoloxía, enfermidades infecciosas ou enfermidades parasitarias dos animais.

O tema premiado este ano trata sobre Toxoplasma gondii e Neospora caninum, parasitos apicomplexos responsables de fallo reprodutivo no gando ovino-caprino e no gando bovino, respectivamente. O obxectivo da tese foi normalizar modelos ovinos gestantes de infección por T. gondii e N. caninum e, utilizando os mesmos, avaliar a seguridade e eficacia dos BKIs (“Bumped Kinase Inhibitors”). Os resultados da tese constitúen unha proba de concepto esencial para demostrar a utilidade destes compostos no control de ambas as enfermidades nos rumiantes domésticos.