A SAT coruñesa A Campa, propiedade de Alberto Lamas Vázquez, vai camiño de converterse na granxa máis grande de Galicia. Farao en pouco máis dun ano, cando está previsto que finalicen coa renovación das súas instalacións.
Unha parte do proxecto será xa tanxible este verán, cando empezo a funcionar a metade da explotación. Para cando terminen os traballos, a nova construción albergará 380 vacas xersei e 120 frisonas, que se muxirán en 8 robots Lely. Deste xeito, A Campa converterase non só na explotación con maior número de cabezas de toda a cornixa cantábrica, senón tamén na máis punteira de España tecnoloxicamente falando.