EN VÍDEO

Coñecemos o programa de calidade de leite de Virbac

Coñecer os índices de saúde de ubre do rabaño resulta esencial para optimizar a eficiencia produtiva das granxas. Por iso, Virbac pon a disposición dos veterinarios unha ferramenta informática que permite analizar e comparar os datos de calidade de leite das explotacións e facilitar a transferencia de información útil ao gandeiro dunha forma rápida e sinxela.

A especialista en calidade de leite e certificación Mónica García Mon e o gandeiro Pablo Fernández Iravedra, de Cando Ludrio SL (Castro de Rei, Lugo), cóntannos a súa experiencia co programa de calidade de leite de Virbac.

Reportaxe en Vaca Pinta 20