Ceva Salud Animal recorda a importancia do tratamento combinado para loitar contra a SRB

A síndrome respiratoria bovina (SRB) é un problema multifactorial que ten un grande impacto na produción e rendibilidade das explotacións gandeiras. Esta enfermidade supón a causa principal de morte entre os xatos e os seus efectos negativos tradúcense en perdas económicas de ata 57 euros por xovenca e ata 83 euros por xato.

Co obxectivo de ofrecer ferramentas para o control desta enfermidade, Ceva Saúde Animal elaborou un novo material informativo dirixido aos gandeiros de vacún onde, dunha forma moi visual, se detallan os primeiros síntomas para unha detección precoz e as principais claves para un tratamento eficaz, sempre contando co veterinario como un aliado indispensable.