Callisto Plus e Mistral Plus, novidades do catálogo herbicida para millo de Syngenta

Syngenta organizou unha Xornada Técnica de millo, baixo o título “Pregunte a su experto”, na que se deron resposta a todas as dúbidas sobre as diferentes malas herbas que lle afectan ao millo e as mellores estratexias para o control herbicida. Co obxectivo de posicionar as diferentes solucións do seu catálogo, Syngenta elaborou unha serie de pequenos videos explicativos sobre o seu catálogo e as diferentes recomendacións.

Como novidade, este ano Syngenta lanza ao mercado dous novos herbicidas: Callisto Plus, un herbicida de alta calidade e eficacia que controla un amplo espectro de malas herbas de folla ancha e estreita difíciles, e Mistral Plus, para o control de folla estreita, pero tamén para a folla ancha en postemerxencia.

Máis información