O proxecto de Nanta en prol de ofrecer solucións nutricionais para os animais que aseguren o seu benestar e permitan unha alimentación saudable para todos, Biofeed, cumpriu un ano de vida cun claro compromiso de garantir un sistema alimentario máis respectuoso co medio ambiente mediante pensos elaborados con materias primas procedentes da agricultura ecolóxica, xa que apoia a produción orgánica local e a produción de alimentos saudables e sostibles de alta calidade.
Está composto por unha completa gama de pensos ecolóxicos para as principais especies de produción (ruminantes, porcino, aves, coellos e cabalos) formulados con óptimos niveis de nutrientes de gran calidade.
No caso do vacún de leite, os pensos Biofeed aseguran a alta produción e a calidade de leite, e unha alta inxestión de materia seca, mediante unha formulación en grans moi saborosos con alta densidade enerxética, proteína e unha achega suficiente de minerais e vitaminas.