SAÚDE ANIMAL

Podemos durmir tranquilos só vacinando fronte a BVDV en granxas de nodrizas?

O veterinario especializado en xestión reprodutiva Aitor Fernández-Novo presenta dous casos clínicos de BVDV en vacún de carne, que mostran similitudes, pero tamén medidas de traballo e solucións diferentes, co obxectivo de dilucidar cales son as pautas a seguir para unha maior prevención e un mellor manexo desta enfermidade e lograr o consenso na toma de decisións entre gandeiro e veterinario.