SAÚDE ANIMAL

A saúde do pezuño e as “tres grandes” causas de coxeira: foco na úlcera plantar

Tres son as lesións principais responsables da maioría das coxeiras nas granxas leiteiras. Estas engloban dous tipos de lesións non infecciosas (úlceras plantares e lesións da liña branca) e unha infecciosa (dermatite dixital), e forman unha tríade habitualmente denominada as “tres grandes”. Neste artigo, publicado en Vaca Pinta 37, Marie-Laure Ocaña (Zinpro) fala de como se poden previr os problemas de saúde dos pezuños causados polas úlceras plantares e cal é a mellor maneira de tratar as vacas con estas lesións.